Actividades fin de semana e europeo de atletismo

Temos un parón nos adestramentos do fin de semana para que os nosos atletas fagan 2 competicións en diferentes cenarios da xeografia galega en competicións de pista e ruta!

Os primeiros en poñerse a proba serán os atletas do equipo cadete que levan o equipo mais numeroso que nunca tivo Millaraio nun campionato galego cadete en pista, cun total de 7 atletas que disputarán diferentes probas de velocidad, saltos, vallas, lanzamentos e medio fondo, para as cuais se esixia unha mínima de participación que os atletas do clube alcanzaron.
Outra cita xa tradicional é a carreira de Padrón, onde o clube acude con toda a súa forza, nunha carreira sen cuestas onde sempre hai bo ambiente!  Ese ano ademais, nosos atletas terán a posibilidade de ver na carreira absoluta un impresionante palmares de atletas unha vez que a carreira de 10 Km é válida como campionato galego Absoluto de 10 km en ruta e contará coa presencia de Alejandro Fernández, Pedro Nimo, Yolanda Gutierrez, Solange Pereira, Maria Jesus Gestido entre outros grandes atletas Galegos!
O clube faise cago de recoller os dorsais de todos os nosos atletas e montaremos un punto de encontro cercano ao arco de salida para facer a entrega e coordinar o quecemento cos adestradores!
RETRANSMISIÓN EUROPEU INDOOR- TELEDEPORTE
O canal temático TELEDEPORTE retransmite en directo durente todo o fin de semana o Campioanto de Europa de Atletismo baixo teito, dando a oportunidade de que poidamos acompañar os atletas españois e tamén os mellores atetas de Europa nas diferentes probas de pista e concursos.
Deixamos o enlace cos horarios das probas para que os nosos atletas poidan acompañar e aprender tamén observando ao mellores atletas da actualidade:
Un saúdo!