III Trofeo Marineda Atlético en Pista e Final Provincial Escolar

O pasado fin de semana o Millaraio participou todas as categorías en probas oficiais, deixando un balance fantástico de resultados, comezando polos atletas Cadetes e Xuvenís que estiveran buscando mínimas e marcas persoais no III Trofeo Marineda Atlético en Pista, onde tamén competiu a atleta e diretiva do clube Mabel Mougán, como parte da súa preparación para o Galego Veterán que terá lugar en Xuño.

Os 14 atletas do Clube desprazados, viviran un grande ambiente, alcanzando bos rexistros, aínda que algunhas actuacións non acertadas dos xuíces, impediran algún que outro bo resultado.

Enlace cos resultados:

Resultados Coruña

Despois da competicón un total de 12 atletas do clube alcanzaron a mínima para disputar o campionato Galego Cadete que se disputará o vindeiro 12/05 en Ourense, en xornada de mañan e tarde.

Por outra banda, os atletas mais pequenos de categorías Benxamín, Alevín e Infantil clasificados previamente, participaron do campionato provincial nas mesmas pistas de Elviña en A Coruña.

O Millaraio mostrou na pista a súa vocación no traballo con o aprendizaxe das mais variadas probas, sendo o Clube da provincia con maior participación en probas combinadas e un dos que mais aportaron atletas na totalidade da competición, coa participación de 45 atletas en todas as categorías, batendo o record do clube numa competición Provincial en Pista!

Tamén foi record o número de medallas do Clube, cun total de 13 metais, feito destacado tamén na prensa escrita polo Correo Gallego na súa edición de hoxe nunha nota que vos deixamos no enlace:

El Correo Gallego

Os atletas da categoría infantil que quedaron no podio teñen asegurada a súa clasificación para o campionato galego que se celebrará en Lugo o Vindeiro 25/05 en xornada de tarde. A lista definitiva dos clasificados se fará pública a vindeira semana unha vez se fagan todas as fases provinciais e poidamos coñecer tamén os que se clasifican por ter unha das 4 mellores marcas de Galicia, desconsiderando os 3 primeiros de cada provincia, en cada proba.

Tedes abaixo o enlace cos resultados completos da competición que tivo diferentes correccións por parte da organización incluídas algunhas medallas e marcas doso nosos atletas:

CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR EN PISTA

Proximamente faremos chegar a información das vindeiras actividades do Millaraio que ten nos meses de primavera o maior volume de competicións da tempada!