Fin de semana de éxitos do club

Grande éxito do Millaraio no Campionato Galego Cadete disputado este pasado Domingo en Ourense.

Falamos de éxito por varias razóns, a primeira delas a numerosa participación do noso clube tendo en conta que asistiron case o 100% dos nosos atletas cadetes.

Ademáis disto moitos atletas melloraron as súas marcas persoais.

En canto ós resultados foron magníficos unha vez máis acadando moitos postos de finalista e 3 medallas.

Os medallistas foron:

Platas:                                                                                            

Martín en Salto de Lonxitude (5.44)

Andrea en100 m.v (16.80)

Bronce:

Brais Codesido en300 m.v (49.94)

Os resultados completos en:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Ourense/o120513.pdf

Por outra banda, no campionato galego de 1000m e milla en Padron outros moitos atletas de Millaraio representaron o Clube facendo moi boas carreiras, co destaque aos irmáns Mato que conseguirón duas medallas mais sendo Degnesh 1º benxamín e Daniel 2º Alevin.

Os resultados podedes consultar aqui:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Santiago/s120513.pdf

Parabéns para todos!!