Campeonato Galego Infantil e Xuvenil en pista

Aínda que o ano pasado o acadaramos 2 medallas de ouro, podemos dicir que a participación do equipo infantil do Millaraio este ano foi a mellor da historia do Clube con dúas medallas de prata, moitas marcas persoais e unha grande demostración de evolución e superación pois os atletas participaron en probas de resistencia (3000m) e nas combinadas (4 probas nunha sola tarde).

Os representantes no 3000m lisos tiveron que facer frente a un intenso vento e tamén  a un inicio de carreira moi forzado polo alto ritmo con que se fixeron os primeiros 500m nas dúas carreiras. Diego Alonso demostrou as melloras de técnica e velocidade que experimentou cos adestramentos das últimas semanas e conseguiu algo impresionate: fixo marcas persoais de 1000m e 2000m nas parciais e, como non podia ser de outra forma, mellorou sa uá marca en 3000m facendo 11’ 15” que  é novo record do Clube!

Unha das actuacións mais bonitas do campionato foron protagonizadas polas nosas atletas de 3000m., Chelo Quintáns e Lucía Parra,  que correron a ritmos similares durante toda a carreira e chegada a recta final, ao estar emparelladas e sen oportunidade de adiantar a outras competidoras, chegaron de mans dadas compartido a 10ª posición de Galicia con un bo rexistro de 13’05”.

O escuadrón das combinadas do Millaraio chamou a atención: 9 atletas completos que fixeron 80m lisos, salto lonxitude, lanzamento de peso e 80m vallas en 3 horas! Foi unha disputa moi bonita polas medallas, chea de melloras de marcas persoais e evidencias do compañeirismo e complicidade que desperta ese tipo de probas, pois os atletas pasan moito tempo xuntos e se axudan mutuamente!

TODOS os atletas, melloraron súa marca persoal en polo menos unha das probas e tamén os resultados finais en puntuación na suma das catro especialidades, deixando o clube moi orgulloso de conseguir que tantos atletas compitan na especialidade mais completa da categoría e que é o obxectivo do traballo realizado!

Maria Hernando e Carlos Dios fixéronse coa medalla de prata que se definiu na última proba de vallas unha vez que Maria, en peso, non acadou unha boa marca e Carlos non fixo unha boa proba en lonxitude por mor de un dolor que o impedia saltar ben.

Por outra banda, Hugo Rodriguez, en cuarto lugar  e Mateo Garcia en sexto, pelexaron polas medallas ata o final, mellorando marca persoal en lonxitude! As Rapazas todas fixeron unha grande competición! Carlota Lias,cuarta e Icia Felipez qunta quedaron a poucos puntos da medalla de bronce, acompañadas polas as debutantes na proba Andrea Botella oitava , Cristina Pérez novena e Marta Garcia decimoterceira.

En Resumo, a mellor participación de un equipo infantil da historia do Clube Millaraio!

Resultados:  resultados Lugo

Temos que falar tamén esta fin de semana da participación do atleta Antón López Bermudez que foi o único representante do Millaraio no campionato galego Xuveníl disputado no Barco de Valdeorras o pasado domingo.

O que fora campión galego cadete de lonxitude o pasado ano, tivo a preparación algo afectada nas últimas semanas pola dedicación aos estudios, pero deu o mellor de sí para facer unha boa marca nos 100m 12”34 (ten o record do Clube con 12”25) e facer un grande concurso en lonxitude, con un mellor salto de 5m84cm, alcanzando o quinto  posto e tamén o novo record do clube para a proba!

O próximo desafío para Antón e tamén todos os cadetes e xuvenís será o vindeiro fin de semana no Campionato Galego de probas combinadas!

Resultados: resultados O Barco