O pasado fin de semana tivemos unha intensa actividade que comezou co adestramento nas pistas pola maña, pasou pola primeira etapa do CorreSan no campus Sur e o Galego infantil pola tarde e acabou na outra punta de Galicia ca participación de Antón López no Galego Xuvenil en O Barco de Valdeorras!
Unha vez mais o noso Clube respondeu a chamada dos organizadores do CorreSan que, atendendo a un pedido noso, ampliaron a oferta da actividade tamén ao Benxamins, que xunto ao grande equipo de alevíns, fixeron con que a primeira carreira da tarde fora unha verdadeira marea de Millaraio!
Con practicamente todos os infantís en Lugo no Galego, recaeu en Laura Cuesta e Natalia Sánchez a Responsabilidade de representar o Clube na categoría, facendo unha boa carreira e un bo adestramento de preparación apra a Milla e o circuíto de marcha do vindeiro fin de semana.
Igualmente inmersos na tempada de pista, os cadetes e xuvenís acudiron a chamada e fixeron un bo adestramento, con RocioGarcia sendo primeira regresando a un bo nivel despois de un parón forzoso ns adestramento e ElenaSagastizabal segunda, demostrando as melloras técnicas que ten conseguido alcanzar nos adestramentos!
Todos fixeron un grande esforzo pois estamos a traballar as probas de pista e xa non temos o punto de resistencia do cros, pero aínda así moitos atletas entraron en postos cabeceiros conquistando importantes puntos para o circuíto! Tamén foi un bo adestramento para os cadetes e xuvenís que teñen semana que ven o galego de probas combinadas (2 días de competición en 6 o 7 probas) e tamén para a milla de ames.
Non esquecemos tamén dos nosos atletas veteráns e papas e mamas dos atletas do clube que estan dando un verdadeiro exemplo, participando non só como animadores motivando os seus fillos, pero tamén calzando as zapatillas para adestrar e competir! Noraboa a todos os que participaron!
Aquí tendes o enlace dos resultados