Campionato de Galicia de Probas Combinadas

A fin de semana do 27 e 28 de xullo celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Combinadas. Nesta edición o club participou con cinco atletas, conseguindo dous podios. Mateo Aller proclamouse campión no Octathlon sub16 masculino, no que tamén competiron Mario Vilar e Iago Cid, que foron sexto e sétimo. Laura Barbazán foi prata no Heptathlon sub18 feminino. No Decathlon sub18 masculino participou Luis García, rematando na cuarta posición.