VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo

Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o Club participa coa celebración do VI Campus de Atletismo MillaRaio, do 2 ó 10 de setembro. O campus está aberto a nen@s nados entre 2013 e 2006 e terá lugar en horario de mañá, con hora de inicio ás 9:00, e horario de recollida entre 13:30 e 14:15. O prezo do campus será:  

  • Soci@s de MillaRaio: 50 €.
  • Non soci@s: 70 €.

Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 23 de agosto:

FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPUS

A semana anterior ó inicio enviaranse os horarios detallados de actividades do campus, que se adaptarán en función da climatoloxía.  Como novidade, este ano organizaremos unha actividade para as familias o sábado 7 de setembro. Podedes consultar aquí a circular informativa completa:

VI Campus MillaRaio