CAMPIONATO DE GALICIA Sub14 EN PISTA AO AIRE LIBRE 2018/2019

O 22 de xuño celebrouse en Lugo o Campionato de Galicia sub14, no que participaron 9 atletas do club. En categoría masculina destacou o atleta Alejandro Jiménez, que se proclamou campión dos 80m e subcampión do salto de lonxitude. Destacar tamén o cuarto posto de Noel Ferraces no salto de altura e o quinto posto de Antía Figueras nesta mesma proba.

Alejandro, ouro nos 80m
Alejandro, prata en salto de lonxitude

O resto de participacións foron Noel Ferraces tamén nos 80m, Antía Figueras no salto con pértega, Alfonso Labella nos lanzamentos de xavelina e martelo, Álvaro Francos no lanzamento de xavelina e o salto con pértega, Lucas Pena no triple salto e os 1000m obstáculos, Adrián Sesar e Noa Piñeiro nos 2000m, e Irene Rodiles no lanzamento de xavelina.