Tres atletas do club participaron o 6/7 de xullo no Campionato de España individual da categoría sub16: Mateo Aller, Sofía Campos e Deki Mato.
Mateo Aller competiu nos 100m valos, nos que acadou un rexistro de 15.37. Sofía Campos participou nos 3000m marcha, rematando en quinta posición e mellorando a súa marca persoal con 14:26.92. E Deki Mato correu nos 1000m, onde despois de rematar quinta nas eliminatorias cun excelente crono de 3:01.60 clasificouse para a final quedando nesta ocasión en sétimo lugar.