CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS, ABSOLUTO E COMIDA DO CLUBE

Outro fin de semana cargado de actividades para o noso clube, Campionato Galego por equipos para os benxamíns, alevíns e infantís, comida co clube, e por primeira vez participación dunha atleta de Millaraio no Campionato Galego Absoluto.

Comenzamos o sábado pola mañán coa competición por equipos na que partimos cun equipo en cada categoría, primando coma sempre a participación do maior número de atletas posibles. Nas probas os nos@s atletas obtiveron uns maravillosos resultados con varias marcas persoais, que se traduciron na consecución de dosu subcampeonatos galegos por equipos, na categoría alevín masculina e na infantíl masculina. Noraboa a tódolos atletas por este enorme éxito.

Sin título-1A destacar coma sempre o ambiente fantástico entre os atletas, e o apoio dos seus compañeiros, que ainda que non participaban no campeonato viñeron a animar.

Despois dos éxitos deportivos celebramos a tradicional comida do clube onde nos encontramos de novo para pasar un bo rato, e onde descubrimos que ó novo adestrador do clube , Pablo, e un grandísimo animador que fixo moverse e disfrutar a todo o mundo.

fiestaComo colofon dunha tempada histórica para o clube, destacamos a participación da atleta Cadete Elena Sagastizabal como debut do Clube no campionato Galego Absoluto, onde enfrentaría as mellores atletas de Galicia de todas as edades, para facerse coa 7ª praza. Elena saltou 1m42 na primeira tentativa e  non poido a altura de 1m46 que seria sua marca persoal.

Noraboa a Elena pola sua dedicación e por ser a primeira de Millaraio na competción mais importante de Galicia!