GRAN ACTUACIÓN NO CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL

Este sábado disputouse nas pistas municipais de Balaidos en Vigo o Campionato Galego de Atletismo en Pista en categoría benxamín. alevín e infantil. A proba dividiuse en duas partes, en xornada de mañán para as categorías benxamín e alevín. E de tarde para a categoría infantil.

O Clube Atletismo Millario acudía con 23 atletas, que nunha gran xornada acadaron un total de 10 medallas.

Na xornada de mañán hay que destacar a medalla de prata de Antón Gómez na lonxitude alevín, os dous bronces acadados por Pablo Díaz e Deki Mato nos 1000 ml., e o título de Campión Galego de Daniel Mato nos 2000 ml, onde nunha fantastica carreira logrou tamén un novo record galego da proba.

JORNADA MAÑANANo campionato infantil celebrado pola tarde destacar o título de campión galego na proba dos 1000 obstáculos de Diego Alonso, a medalla de prata de Carlos Dios nos 80 valados, o dobrete logrado nos 80 ml por Carlos Dios, conseguindo a sua segunda medalla de prata, e Victor Mosteiro conquistando o bronce.

A xornada de tarde redondeouse co subcampeonato galego de Pablo Fernández na xabalina, e o bronce de Andrea Botella tamén na xabalina.

JORNADA TARDEEn definitiva unha fantastica actuación onde ademáis das 10 medallas hay que destacar a mellora de marcas da maioría de atletas, e sobre todo o magnífico grupo que forman, noraboa a tod@s.