Éxito na participación do club nos campionatos de Galicia de Probas Combinadas

Un total de 8 atletas do club participaron no Campionato de Galicia de Probas Combinadas celebrado en Lugo os días 26 e 27 de xaneiro.

En categoría sub-16 Mateo Aller foi primeiro, sendo terceiro Iago Cid e quinto Mario Vilar. Na categoría feminina participaron Uxía Fernández (7ª), Elsa Guillamet (10ª) e Ángela Eiras (14ª). Na categoría sub-18 Luis García foi 9º e Laura Barbazán acabou na 8ª posición.

Podium da categoría sub16 con Mateo Aller e Iago Cid

A última fin de semana de decembro o club participou tamén no V Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas celebrado na pista cuberta de Ourense. En categoría feminina competiron Laura Barbazán, Uxía Blanco, Ángela Eiras e Elsa Guillamet. O equipo masculino estivo formado por Mateo Aller, Matías Barca, Iago Cid, Luis García e Mario Vilar. O equipo masculino acadou a cuarta posición, mentras que o feminino foi quinto.