VII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA

O 22 de decembro celebrouse en Ourense a final da VII VII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA, para a que o club clasificou dous equipos: sub-14 masculino e sub-12 feminino. Os rapaces sub-14 finalizaron no podio, sendo terceiros despois dunha gran competición. As rapazas finalizaron quintas nunha clasificación moi axustada nesta categoría sub-12.