Grande actuación do Millaraio nos Campionatos Galegos de 1.000m e de 10Km en ruta.
Aínda que os traballos de adestramento están comezando e non é o momento ideal para a competición, varios dos nosos atletas non quixeron perder a oportunidade de participar no Campionato Galego de Milla e 1.000m en ruta (1.000m ata a categoría cadete), que se disputou na localidade Pontevedresa de Marin.
Con un ambiente incrible (cerca de 3.000 mil persoas no momento auxe), os 10 atletas do Clube que disputaron a proba deron o mellor de si, tendo un bo comportamento para as épocas de pretempada en que estamos.
Aínda que non era un obxectivo principal da nosa programación, o Atletismio MillaRaio foi o Clube con maior número de medallas nas proba de 1.000m (de benxamín a cadete) conquistando 4 medallas: 1 de ouro na categoría alevín feminina para Deki Mato, 2 de prata para Dani Mato y Diego Alonso que moi cerca estiveron de ser campións, así como Pablo Diaz que foi bronce a tan só 1 segundo de Dani.
Na Milla popular tivemos a presenza de Loreto Oiza etamén da nosa adestradora Noemi Sanmartin que acompañou aos nosos pequenos e logo non perdeu a oportunidade de poñerse en carreira así como Pepe Dominguez, adestrador de Lanzamentos e combindas que foi 1º na categoría M40 e JoaoFernandez, 3º Na categoría sénior.
PRIMEIRA MEDALLA GALEGA PARA O GRUPO DE MAMAS EN RIVEIRA!
O pasado Domingo en Riveira, foi a vez de Dolores Rey, para probarse no campionato galego de 10km en ruta e cunha boa actuación, baixando dos 50’. Dolores fíxose coa medalla de prata na súa categoría, mentres a recen incorporada Puri Cariñena (aínda non ten ficha polo clube) foi 3ª en M40.
Recordamos que o grupo iniciación e perfeccionamento está aberto con ata 4 horarios semanais e a opción de acudir a 2 dias presenciais por semana os mércores e sábado, nas pistas de atletismo. Mais información cos adestradores ou directiva!