ESTE SÁBADO ÚLTIMA PROBA DO CIRCUITO CORRESAN

Este sábado día 11 se celebra a última proba puntuable para o III Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. Será a CorreSan Cidade da Cultura, que dará comezo ás 18:45 horas e se desenvolverá có seguinte horario e percorridos:

  • 18:45 horas:     Carreira das categorías benxamín e alevín – 1 VOLTA AO CIRCUITO PEQUENO (P) – 1025 m aproximadamente
  • 19:00 horas:     Carreira das categorías infantil e cadete – 1 VOLTA AO CIRCUITO GRANDE (G) – 2650 m aproximadamente
  • 19:30 horas:     Carreira das categorías xuvenil e superiores – 2 VOLTAS AO CIRCUITO GRANDE (G) – 5300 m aproximadamentePlanoCarrera

Lembrar que no circuito CorreSan 2014, están inscritos tódolos rapaces do Clube Atletismo MillaRaio CON LICENCIA NA PASADA TEMPADA, e que os de nova incorporación ao clube que queiran participar deberán inscribirse antes do mércores 8 de outubro ás 22:00 h. As inscricións poderán facerse no seguinte enlace:

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/corresan-cidade-da-cultura/baa4982a-1c27-be10-4d3a-39c713569af6

¡Moita sorte a tod@s!

1

Por outra banda, este mesmo sábado será o primeiro que entrenaremos nas pistas da Universidade. Con motivo da celebración da CorreSan pola tarde, faremos un entrenamento suave para que aqueles rapaces/as que queiran participar podan desfrutar dos entrenamentos pola mañán. ¡Non faltedes!

A Gala de entrega de premios do Circuito CorreSan está prevista para a próxima semana.

E tamén a próxima semana, concretamente o domingo 19, se celebrará a XV Carreira Pedestre Concello de Ames, en Bertamiráns. Será carreira do Clube, e polo tanto esperamos a presencia de tod@s.