O sábado 28 de setembro celebrouse o Día do Deporte no Concello de Ames, no que o Club estivo presente en horario de mañá e tarde. Pola mañá combinamos os adestramentos habituais do club coa participación na Carreira e Andaina da Familia, e pola tarde tivemos unha actividade de atletismo (velocidade e valos) con algúns dos atletas e adestradores do club pero aberta a todos os que se quixeron achegar a probar, que foron moitos!
Fotos cortesía de Víctor Hugo
Moitas familias do club animáronse tamén a participar na carreira todos xuntos.
E tivemos podio! Salomé e Noa foron primeira e terceira absolutas.
E tamén houbo premios para as familias.