O equipo sub16 feminino clasificouse, por primeira vez na historia do club, para o Campionato de España de Clubs da categoría, coa colaboración das filiais de Atlética A Silva e Atletismo Negreira. O campionato celebrouse o 5 de outubro en Gijón, e tras unha boa competición as rapazas remataron finalmente no quinto posto.
Podedes ver aquí o vídeo resumo da xornada.