CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE AMES

En primeiro lugar pedirvos disculpas por tódolos problemas que aconteceron durante a carreira de Ames, que ainda non sendo culpa do clube, afectaron ó mesmo. É necesario recoñecer e agradecer a tódolos atletas de Millaraio e a tódolos pais e nais a vosa masiva asistencia a esta carreira e o voso impresionante traballo tratando de organizar a proba e superando tódolos obstáculos e imprevistos que foron xurdindo durante a mañá. Gracias a todos porque si se pudo disputar esta carreira foi gracias a vos.

136648En canto á carreira, unha vez mais foi un éxito de participación de Millaraio en tódalas categorías, incluidas as categorías de veteráns onde cada vez maís pais e nais do clube se animan a participar, noraboa a todos.

Destacar a nivel individual as victorias de Dani e Deki Mato nas categorías Alevín masculino e benxamín feminino, coas que seguen a liderar o Circuito de Carreiras Populares da Diputación.

Aqui tedes o enlace ós resultados da carreira:

http://emesports.es/project/xiv-carreira-pedestre-concello-de-ames/

Por último, e debido a tódolos problemas que xurdiron na carreira, non pudimos facer a foto do clube. Así que farémola este Sabado dia 26 nas Pistas da USC as 12:00.