GALA ENTREGA DE PREMIOS DO CORRESAN E CARREIRA PEDESTRE DE AMES

O pasado mércores celebrouse no Centro Comercial Compostela a entrega de premios do II circuito de carreiras saudables CORRESAN cun gran resultado para o noso clube, acadando 18 premiacións individuais e logrando ser o clube federado escolar con maior participación no circuito.

scale.phpDende aquí noraboa a tódolos participantes no circuito do Corresan pola vosa grandísima actuación.

Por outra banda recordarvos a todos, pais e atletas que o Domingo celebrase no paseo fluvial de Bertamiráns a carreira pedestre do Concello de Ames, considerada carreira do clube polo que tódolos atletas están inscritos.

É importante que estedes na zona de salida ás 11:30 para o reparto de dorsais e para, se o tempo o permite,  facer a foto do clube para a tempada 2013/2014.

Tódolos pai/nais que estedes interesados en axudar na organización da carreira podedes acudir á zona de saida as 09:30.

Aquí tedes toda a información referente á carreira:

Impresión de fax de página completa