Cinco medallas no Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta

Destacada participación do Millaraio no LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta celebrado o día 8 de febreiro na pista cuberta de Riazor, con cinco medallas e varias MMP.

Manuela Raviña, prata nos 50 metros lisos, 7.00

Pablo Díaz, prata nos 1500 metros, 4:31.83

Antón Riveiro, prata nos 50 metros lisos, 6.27

Carla Pérez, bronce nos 400 metros, 1:02.49

Mateo Aller, bronce en salto de lonxitude, 5,92m. Ademais, Mateo chegou á final en 50 metros valos, conseguindo na semifinal con 7.53 a mínima para o Campionato de España de Pista Cuberta.


Laura Barbazán foi cuarta en 50 metros valos (8.57). Uxía Rey en 50 metros lisos e Diego Liñares en 50 metros lisos e 50 metros valos conseguiron tamén meterse nas respectivas semifinais. Magníficas tamén as participacións de también de Sabela Ferrás e Laura Barbazan en 50 metros lisos e Manuela Raviña en salto de lonxitude. E botando en falta a Antón Gómez, recuperándose da súa recente lesión.
AÚPA MILLARAIO 💙💙💙

Agradecemos as fotos das premiacións a Víctor Hugo.