O MillaRaio volveu destacar no XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en Marín o 1 de febreiro.

Manuel Labella Blanco proclamouse subcampión galego masculino na categoría sub18, na distancia de 10km marcha, con MMP de 57:28.

Salomé Segade Buide foi quinta na distancia de 5 km marcha Sub 16 feminina, con MMP de 27:50.

Noel Ferraces Delgado foi sétimo en 5km marcha Sub16 masculino, con MMP de 30:45.

E sen puntuar para o campionato galego, Sara Lema Seoane participou nos 5km marcha absolutos con MMP de 32:39.