Aínda que non sexan “Carreiras do Clube”nen un obxetivo prioritário dentro da nosa programación, a cercania e a boa organización invitarón a que o Millaraio prestixiara o circuito de Carreiras Saudables CorreSan, Organizado polo concello de Santiago co apoyo incondicional da delegación de Santiago da FGA, conseguindo ser un dos mais firmes candidatos ao premio de Clube con mayor participación.
Por outra parte non podemos deixar de citar o esforzo e afan de superación que teñen demostrado cada un dos atletas do Clube, principalmente aqueles que despois de vacacións e poucos adestramentos específicos de resistencia, acheganse ás carreiras e fan o seu mellor esforzo, algúns deles estando nos postos cabeceiros da clasificación xeral do circuito e copando en alguns casos, tódolos postos do podium.
A esta Gala estarán invitados todos os premiados e os participantes na modalidade de circuito que desexen tomar parte na mesma, así como os clubes e centros escolares gañadores dos premios.
A premiación será publicada previamente nesta web e na web www.atletismogalego.org