Comida de Nadal

O pasado sábado, unha vez rematada a competición de Campo a Través, atletas, pais, nais, directivos e adestradores, tanto do Clube Atletismo MillaRaio como do noso clube irmán, o Clube Atletismo Santiago, nos diriximos ao Restaurante Los Robles, onde a gran familia do atletismo que entre tod@s formamos, desfrutamos xuntos da nosa tradicional comida de Nadal.

10498715_401982619960429_1412500051702198458_oFomos 190 comensales os que pudemos non só compartir mesa, senón tamén outras actividades.

Os presidentes dos dous clubes, David García e Alfonso López, dirixiron unhas palabras a tod@s @s presentes, así como Joao Fernández, coordinador deportivo de ambas estructuras. Tras o sorteo de varios agasallos, se deu paso á animación e o baile có que rematamos unha xornada de confraternización inesquecible.

¡Esperamos que o pasárades tan ben coma nós! ¡Felices festas a tod@s!

10523218_401983106627047_8741542161894958661_oFotos de David López.