Nadal no MillaRaio

Unha vez máis, chegamos ao período vacacional, onde paramos a actividade xunto cós colexios, para descanso dos pais e atletas. Por outra parte, buscamos algunhas alternativas para que se manteña unha actividade mínima, con algúns días de entrenamentos, e algunhas competicións suxeridas, sobre todo pensando na importancia das competicións que se aveciñan no mes de Xaneiro.

Toda a programación se atopa no Calendario do Clube nesta mesma páxima, e recordamos que nas competicións suxeridas (das que tamén achegamos o enlace dos regulamentos no calendario) a inscrición é voluntaria e por conta de cada atleta.

Tramitados os cambios de horario para poder entrenar coa luz do día e mellores temperaturas, esta semana xa comezamos a entrenar en sesións de mañán. A modo de resumen, deixámosvos detalle das próximas actividades:

10407578_10203315285909594_3570919655902122949_n

-Na foto entrenamento do pasado sábado, no que nos visitaron o recente campión de España de Maratón, Pedro Nimo e o Campión de Europa de 10.000 e subcampión de Maratón, Chema Martínez.

DÍA 22/12 – ENTRENAMENTO TODAS CATEGORÍAS POLA MAÑAN. (horarios no calendario).

DÍA 23  – ENTRENAMENTO EN PISTAS POLA MAÑAN DE INFANTILES CADETES (Mirar horarios no calendario)

DÍA 26  – ENTRENAMENTO EN PISTAS POLA MAÑAN DE CADETES (Mirar horarios no calendario)

27/12 – CROS DE RIVEIRA – recomendado os que lle gustan probas de cros e resistencia.  (detalles no calendario)

29/12 – Actividad de entrenamento e recoñecemento do circuito da San Silvestre – ALAMEDA AS 18:30. (Non recomendado para benxamins e alevines)

31/12 – San Silvestre Santiago – Os pequeños deben tomalo como proba lúdica e participativa pois son 4 Km- Benxamins non poden participar.

Pistas USC Cerradas do 27/12 ao 06/01

– E o día 7 de Xaneiro, as actividades voltarán á normalidade nos horarios habituáis.

Como vedes, poñemos á vosa disposición unha programación especial para adaptarse a estas datas tan especiais e para chegar nunhas condicións mínimas ás competicións próximas. Lembrade que o 10 e 11 de Xaneiro é o Campionato Galego Cadete de probas combinadas e que o 18, os equipos clasificados disputarán o Campionato Galego Escolar Federado en A Coruña.

10830438_761157320644552_3630251029534555954_oDende a directiva e o corpo técnico do Clube Atletismo MillaRaio queremos desexarvos a todos e todas que pasedes unhas boas festas de Nadal, teñades unha feliz Navidade e que todos os vosos desexos se cumplan no 2015 que está a nada de comenzar.

¡¡¡¡¡FELICES FESTAS!!!!!!