Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Los Robles as 15:00 horas do sábado 13 de Decembro. Ese mesmo día, como sabedes, temos o campeonato de cross na Alameda.
Este ano como novedade faremos a comida xunto co Club Atletismo Santiago. E unha demanda de moitos dos nenos/as e pais que cambiaron de club e que lles gustaría moito asistir a comida co resto de compañeir@s. Ademais, dende o club consideramos que e unha boa oportunidade para que todo o grupo estea en contacto e para que os pais/nais tamen coñezades a xente do CAS e viceversa.
O menú adulto custa 12 euros e o infantil 8,5 euros. O primeiro esta composto fideos con marisco, codillo ao forno ao estilo do cheff con verduras de tempada, postre e café. De bebida teremos viño blanco ou tinto ou auga.
O menu infantil son 8,5 euros e consta de entrantes variados, milanesa de polo con patatas e postre. De bebida auga ou refrescos.
Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.
Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:
https://docs.google.com/forms/d/1xqnU3gVEQJLnn3wOO7K5Lb3nGevsErMcDGOcPvQCyco/viewform
O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:
NovaGalicia Banco 2080-0372-82-3040011333// IBAN ES4620800372823040011333
O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 8 de Decembro.
Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!