LOTERIA E CLASIFICACION DE 4 EQUIPOS PARA A FASE GALEGA DA LIGA ESCOLAR FEDERADA

En primeiro lugar recordarvos que este sábado 29 remata o prazo para entregar os cartos e os tacos da lotería do clube.

Unha vez feito o recordatorio decir que despois do grande ambiente vivido en Ferrol na Liga escolar Federada e a clasificación de maneira directa de dous dos nosos equipos, cabía esperar polos clasificados por puntuación que terán dereito a participar da final da liga escolar, na pista cuberta de A Coruña o vindeiro 17/01 (se non hai cambios).

10401506_611428228983169_6683185446740526166_n

Finalmente podemos celebrar a inclusión de 2 equipos: Alevín e Benxamín masculino! Os resultados fan con que o Millaraio logre un dos obxectivos do seu proxecto, colocando a 4 equipos entre os 8 mellores de Galicia da súa categoría, superado apenas en número de equipos polos históricos Ria de Ferrol e Ourense Atletismo, con 6 e 5 equipos respectivamente.

10414915_10203857089561630_5324940011791291861_n

A composición dos equipos e os detalles de viaxe terémolos mais adiante, pero recordar a importancia de confirmar a participación para que os equipos vaian completos e non deixemos ocos e puntos importantes para o Clube. Podedes consultar os equipos clasificados na ligazon:

http://www.atletismogalego.com/CLASIFICADOSLIGA%20ESCOLAR.pdf

Recordamos que o día 13/12 temos o Zonal de campo a través e TODOS OS ATLETAS DO CLUBE están convocados para encher de azul e branco a Alameda nunha festa deportiva previa á festa do Clube na Comida de Nadal (os que non confirmaron, facédeo canto antes!)