Como todos os anos queremos convidaros a comida de Nadal. Un ano mais será no Restaurante Los Robles o sábado 12 de Decembro. Ese mesmo día haberá un cross en Santiago. A comida será as 3 da tarde.
Proximamente vos daremos mais información sobre o menú, hora, forma de inscrición, etc. O prezo tamén e o mesmo do ano pasado: 12 euros adultos e 8,5 euros o menu infantil.
De momento, ide anotando a data nas vosas axendas!!!
Tamén esta dispoñible a lotería do club para os que queiran comprar ou ben vender participacións. O número é o 70687 e son participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o club.
Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñedevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Dádevos presa que xa se están acabando!!
Moitas grazas