COMIDA DE NADAL E RECOLLIDA DE XOGUETES

restaurante-cena-navidad_15 (1)

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Los Robles as 15:00 horas do sábado 12 de Decembro. Ese mesmo día, como sabedes, temos o campeonato de cross na Alameda.

foto_juguetes

Este ano como novedade imos colaborar coa Coordinadora do Barrio de Vite para recoller xoguetes para repartir xoguetes en Santiago e comarca os nenos que non poden disfrutar deles. Todos aqueles que queirades donar xoguetes en bó estado podedes achegalos ese día e os recolleremos. Si sonxoguetes voluminosos pregamos que nolo comuniquen para tratar de recollelos antes ou de outro xeito. Ante calquera consulta enviar un correo a tesoreria@millaraio.es.

O menú adulto custa 12 euros e o infantil 8,5 euros. O primeiro esta composto fideos con marisco, codillo ao forno ao estilo do cheff con verduras de tempada, postre e café. De bebida teremos viño blanco ou tinto ou auga.

O menu infantil son 8,5 euros e consta de entrantes variados, milanesa de polo con patatas e postre. De bebida auga ou refrescos.

Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.

Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1-9Sgj89WCRoNG5a5IXso3fl096Hi66Amiy5DwZXOlNw/viewform

O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:

Abanca ES46-2080-0372-8230-4001-1333

O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 7 de Decembro.

Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!

Unha aperta