Comida do club

Como todos os anos a final de tempada imos facer a comida do club. Este ano vai ser o día 15 de Xuño no Squash de Milladoiro as 14:30 horas.

O menú adulto custa 10 euros e consta de entrantes e carne ou pescado a elixir. O menú infantil é de 7 euros e consta de entrantes e pasta. Para os que asistichedes en ocasións anteriores o menú e o mesmo e o mesmo prezo.

Como novedade, para anotarse hai que cubrir o formulario que se atopa no seguinte enlace:

Formulario comida

Tamén tedes que facer o pago antes do día 11 de Xuño dalgunha das seguinte formas:

1. Transferencia bancaria ou ingreso na conta de Nova Galicia Banco 2080-0372-82-3040011333 indicando no concepto o nome dalgún dos atletas do club.

2. Como os ingresos en Nova Galicia Banco, para clientes que non teñen conta en dita entidade, teñen un custo de 3 euros, como forma alternativa pódese facer a entrega do importe algún membro da Xunta Directiva nos entrenamentos ou competicións. Recomendamos, de todolos xeitos, usar a primeira opción.

IMPORTANTE: Por motivos de xestión non se van a admitir inscricións despois do 11 de Xuño nin pagos o día da comida.

Animádevos a vir, haberá sorteos e regalos!!!