Dani Mato premio á Mellor Promesa na Gala do Deporte de Ames

O Clube Atletismo MillaRaio non para de recibir premios. Nesta ocasión foi a pasada fin de semana, na Gala do Deporte de Ames. O noso Atleta Dani Mato recibiu o recoñecemento como Mellor Deportista Promesa do Concello de Ames na tempada 2013/2014. 10649036_10203197788532233_4230824689790817741_oUn premio máis que merecido ao noso atleta, todo un exemplo de constancia, compañerismo e traballo. Un atleta tímido que prefire falar nas pistas. E un recoñecemento por riba de todos os deportistas de todos os deportes do Concello de Ames, que non son poucos, o que nos fai sentir orgullosos de que o noso traballo se está a facer da maneira correcta, pois Dani é tan só un dos moitos rapaces/zas que nos últimos anos está descubrindo o mundo do atletismo con nós. E doblemente orgullosos, pois o noso fin a estas idades non son os logros, senón a formación de futuros atletas, pero cando se fan ben as cousas, os resultados veñen solos.

1397156_10203197786532183_4745086331962223728_o

¡Noraboa Dani! ¡Que este recoñecemento te anime a seguir traballando día a día! E tamén noraboa a tódolos compañeiros cós que compartes entrenamento, pois un premio individual ten sempre o traballo de moitas persoas ao seu arredor.