O noso atleta Diego Alonso participou onte domingo no Campionato de España de Campo a Través Cadete e Xuvenil por Autonomías, representando a Galicia. A proba se celebrou en Guadalajara, e o atleta do MillaRaio, no seu primeiro ano no grupo de tecnificación de fondo, foi o terceiro galego en liña de meta, entrando nun magnífico 49º posto, sendo o equipo cadete de Galicia 11º por escuadras.
Tamén fora convocado para o Campionato Arturo Ramos, segundo no Campionato Galego, xusto por diante de Diego, pero Arturo tivo que renunciar á súa participación por outros compromisos deportivos previos.
Lembrar que nesta Semana Santa, os entrenamentos continuarán con normalidade de lusn a mércores, con algunha variante de horario que cada entrenador xa comunicou previamente, e cos benxamíns e alevíns que normalmente entrenan no pavillón de Milladoiro que entrenaran o luns e mércores nas pistas da Universidade no seu horario habitual. Daremos vacacións nos entrenamentos dende o xoves ata o domingo, e xa o luns día 6, retornaremos aos horarios e lugares habituais.
¡Que desfrutedes unha boa Semana Santa!