Primeira xornada de atletismo en pista do programa Xogade en Santiago

As pistas da USC de Santiago acolleron o pasado sábado a primeira xornada da tempada ao aire libre correspondente ás probas clasificatorias do programa Xogade.

DSCN1985

Centos de nenos do entorno de Santiago competiron nestas probas, tendo o Clube Atletismo MillaRaio un papel máis que destacado, chegando a gañar individualmente en nove probas, pero sobre todo, tendo unha grande participación e resposta en competición por parte dos/as nosos/as atletas, que en moitos casos melloraron as súas marcas personais.

DSCN1987

Os/as nenos/as participaron, coma ven sendo habitual baseándonos no noso proxecto atlético, buscando a multidisciplinariedade, tentando descubrir novas probas e probar carreiras, saltos e lanzamentos durante toda a tempada.

A próxima proba clasificatoria do programa Xogade terá lugar o vindeiro 11 de Abril, e será a correspondiente á categoría Infantil, voltando benxamíns e alevíns na súa segunda xornada na semana seguinte.

DSCN1991