Deixamos hoxe o enlace a unha breve entrevista sobre o deporte en edades escolares e de como a axuda dos pais é determinante para o bo aproveitamento dos cativos.
Moitas veces non sabemos ben como actuar diante das diferentes situacións que provocan as actividades deportivas dos cativos no noso cotio. A psicóloga Patriacia Ramirez fai unha boa abordaxe do problema e de como podemos evitar que os efectos beneficiosos da actividade deportiva se convirtan en problemas de motivación e abandono deportivo.
Busquemos que a actividade de diversión, educación e saúde que desenvolvemos cos mais pequenos non sexa o espello do deporte profesional de competición, reforzando o esforzo e a mellora de cada un, a vivencia de experiencia e o aprendizaxe xeral, sen que nos importe tanto o resultado da competición.