II LIGA FEDERADA DE CLUBES

Millaraio colocase entre as mellores canteiras do atletismo galego!

IMG-20131130-WA0007(1)

Hoxe, nas pistas de Lugo o noso  Clube viviu un día histórico, alcanzando o 4º posto xeral entre os participantes de toda Galicia da II Liga Escolar Federada, logrando un obxectivo trazado fai 4 anos cando se fixo o proxecto a longo prazo e contábamos con apenas 15 atletas nas filas do Clube.

Varias marcas persoais,  moitas experiencias novas, compañeirismo e entrega ao equipo foron a dinámica de unha xornada que rendeu un galardón ao Clube con a conquista do 2º posto do equipo Alevín Masculino, o primeiro título do Millaraio alcanzado nun evento por equipos en nivel autonómico.

A  próxima participación competitiva será no cros zonal, tamén disputado por equipos, o vindeiro 14/12 no circuíto da Alameda compostelá e os detalles poderedes atopar no calendario ou na paxina do Clube, sendo fundamental a confirmación da invitación que enviaremos por email (con información abundante) para a inscrición dos atletas.

Parabéns a todos e podedes consultar os resultados da II xornada aquí:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Lugo/l301113.pdf