ESPECTACULAR FIN DE SEMANA PARA MILLARAIO

Nun intenso fin de semana, MillaRaio afrontaba duas importantes competicións, o Campionato Galego Individual Cadete e o Campionato de España Infantil individual.

CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL CADETE:

Nunha fantastica xornada o Club Atletismo MillaRaio logrou subir ó podio en 10 ocasións, en categoría masculina acadaronse os seguintes resultados:

13308574_1045074235586191_2662359920659166123_o

Ouro:

  • Victor Mosteiro nos 100 metros lisos.
  • Pablo Fernández na xabalina.
  • Diego Alonso nos 1.500 obstáculos.
  • O relevo 4×100, Victor Mosteiro, Mateo García, Carlos Dios e Pablo Fernández.

Prata:

  • Pablo Fernández no peso.
  • Roberto Vieiro na marcha.
  • Victor Mosteiro na pértiga.

Bronce:

  • Mateo García nos 100 metros lisos.
  • Carlos Dios nos 300 metros valados.

A estas medallas hay que engadir que tanto Mateo García como Diego Alonso acadarón a mínima para participar no Campionato de España Individual.

13308719_1045074312252850_4854740330219586899_o

En categoría femenina hay que destacar a prata de Andrea Botella en xabalina logrando tamén o pase para o Campionato de España.

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL INDIVIDUAL:

IMG-20160606-WA0000

Por outra banda, en Valladolid, se celebraba o primeiro Campionato de España Individual Infantil, a onde se desprazaron tres atletas do club, Dani Mato, Pablo Díaz e Deki Mato.

Tras unhas boas actuacións, en categoría triatlón B feminino Deki acadaría o posto 23. En categoría triatlón B masculino, Pablo acabaría no posto 25, e Dani remataría as probas en cuarta posición, a 1 punto do podio.