MLLARAIO CLUBE GALEGO CON MAIOR PARTICIPACIÓN NO NACIONAL CADETE
Despois do éxito das categorías menores nos Campionatos autonómicos por equipos con record de participación e varias medallas nos Campionatos Galegos Individuais, o Clube Atletismo MillaRaio presentou un total de seis atletas no Campionato de España Cadete disputado na localidade catalana de Granollers a pasada fin de semana.
O clube de Ames consolídase a nivel nacional sendo o equipo galego con maior número de atletas na principal competición nacional, participando nas mais variadas probas atléticas, facendo gala da sua filosofía de fomentar tódalas disciplinas que conforman o atletismo.
As baixas de última hora impediron a participación do clube no relevo 4 x 100, no cal estaban clasificados os oito mellores equipos de España e onde MillaRaio partía con opcións de podio.
Victor Mosteiro participou na pértiga e na proba dos 100 metros lisos, onde chegou ata as semifinais, acompañado polo seu compañeiro Mateo García.
Na proba de jabalina participaron Pablo Fernández que rematou noveno, e a representante feminina Andrea Botella, que fixo marca persoal quedando décima dun total de 27 participantes.
Nos 1500 metros obstáculos, Diego Alonso codeouse cos primeiros ata os 1000 metros, para finalmente ceder algúns segundos sendo finalmente o noveno na meta.
A nota destacada da xornada queda por conta de Roberto Vieiro que encabezou a proba de 5 kilómetros marcha en varias ocasións, facendo unha gran marca de 23.00 que supón novo record galego cadete. O gran nivel da proba fixo que a marca solo fora suficiente para lograr unha quinta posición, o mellor resultado da historia do clube nun Nacional.