ESPECTACULAR SÁBADO DE MILLARAIO

Este pasado sábado día 8, o Clube Atletismo Millaraio tiña unha axenda cargada de actividades, unha parte do clube disputaba o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal, e a outra parte do clube realizaba un simulacro de competición nas pistas da USC.

No que respecta ó Galego de Campo a Través destacar o maravilloso comportamento de tódolos atletas, nunha xornada onde o tempo acompañou para acadar uns resultados extraordinarios.

puebla grupo

A nivel individual salientala boa actuación de tódolos atletas do clube nun circuito moi duro onde Deki Mato, Laura Cuesta e David Álvarez fixeron unha gran carreira. Dentro da premiación individual, destacar o Campionato Galego logrado por Dani Mato na categoría Alevín masculina, e o bronce de Diego Alonso no infantil masculino.

podiumNa competición por equipos participábamos co equipo alevín masculino formado por Dani Mato, Pablo Díaz, Ángel Álvarez,Ephrem Canal, Diego Seoane y Mateo Aller que cunha extraordinaria actuación lograrón o título de Campións Galegos por Equipos.

foto1En resumo, unha gran xornada de cross, no só polos resultados obtidos senón polo gran ambiente existente entre tódolos rapaces, e entre tódolos pais e nais que asistirón á competición.

Por outra banda, nas pistas da USC de Santiago o clube realizóu un simulacro de competición onde coa colaboración de Suso como xuiz,da delegación de Santiago da FGA,  dos entrenadores, directivos e dos pais logrouse que os rapaces disfrutaran dunha mañán repleta de carreiras e concursos onde resolvelas suas dúbidas e familiarizarse coa competición sin que importen as marcas e os resultados, soamente disfrutar do atletismo. Gracias a tódolos que colaborachedes nesta experiencia.

Na seguinte enlace tedes os resultados do Galego de Campo a Través, as fotos xa están colgadas no noso perfil de Facebook.

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/rcrossescolar2014.pdf