O sábado comenzamos a tomar contacto coa tempada de pista no II Trofeo Fontes de Sar de atletismo en pista. Nunha mañá onde a climatoloxía acompañou para disfrutar dunha gran xornada de atletismo.
Millaraio acudiú a este campionato cunha gran participación de máis de 60 atletas englobando tódalas categoría do clube, dende os máis pequenos, prebenxamíns, que facían o seu debut nas competicións de pista. Ata os veteranos, pais e nais de Millaraio, que quixeron participar nuns disputados e emocionantes relevos 4×100.
No que se refire a resultados, destacar a melloría de marcas de moitos atletas e a consecución de numerosas medallas que acabaron otorgando unha segunda plaza por equipos ó Clube Atletismo Millaraio.
Ainda que os resultados foron moi bos, o máis importante da xornada foi a toma de contacto coa pista sobre para moitos atletas novos do clube que fixeron a sua primeira participación nesta modalidade.
Aqui tedes o enlace para consultar os resultados:
http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/rs150314.pdf
Comentarvos tamén que no programa 140 de Citius Altius Fortius hay unha extensa reportaxe sobre o Campionato Galego de Campo a Través onde aparecen moitos dos nosos atletas. Aquí tedes o enlace: