Celebrouse hoxe sábado en Riveira a “IV Carreira Popular de Campo a Través do Nadal”, na cal, dende o corpo técnico do clube, invitaban a participar, dado a proximidade dos compromisos do mes de Xaneiro e a falta de pistas para adestrar nestas festas.
Pouca pero selecta participación do Clube Atletismo MillaRaio. E nesta ocasión, a participación tivo premio,pois todos/as os/as atletas do clube lograron subir ao podium.
Abrían a participación Juan Ruso e Cristina Pérez. Na categoría cadete, Cris deixou clara dende o principio a súa intención de levarse a victoria. Pese a que o tivo difícil nos metros finais, loitou ata a liña de meta e logrou subir ao máis alto do podium.
Na mesma carreira, o infantil Juan Ruso se facía cunha magnífica segunda praza.
Na mesma categoría feminina, Noelia Castro saíu moi decidida nos primeiros metros, e incluso chegou a despegarse da súa rival na costa. Ao final, unha magnífica segunda praza, un peldaño por riba de Xiana Figueras, que foi terceira.
Dominio en alevín masculino para Ephrem Canal, que fixo fácil o difícil e dominou a proba de principio a fin.
E emoción ata o último metro na derradeira proba con participación para os nosos, a Benxamín, pois Antía Figueras, nunha intelixente carreira, se foi achegando á atleta que lideraba a proba superándoa na mesma liña de meta.
“Foron poucos pero bós”. O esforzo, nesta ocasión tivo premio. O esforzo de madrugar e participar neste cross como preparación para os campionatos que se achegan. O podium foi un merecido premio para todos/as eles/as.
Lembrar que tanto o 2014 coma o ano atlético rematan o vindeiro 31 de Decembro, coa segunda edición da San Silvestre de Santiago, con saída ás 18:00 h. da Porta dos Leóns, na Alameda, e chegada na Praza do Obradoiro.
As inscripcións se poderán realizar no seguinte enlace ata mañá domingo ás 22:00 h. Lembrar que os rapaces que participaron no circuito CorreSan DEBERÁN VOLVER A INSCRIBIRSE PARA PODER PARTICIPAR. Os benxamíns non poderán participar nesta proba, debido á súa distancia (4 km) e recomendamos que non participen os alevíns. Para infantiles e cadetes é un bó entrenamento de cara ao cross.
Este luns faremos un entrenamento no que percorreremos o circuito da San Silvestre. Quedaremos ás 18:30 h. na Alameda, na Porta dos Leóns, de onde partirá a carreira.
Para todos os que non veñades a participar, podedes vir o día 31 a despedir o ano con nós nesta auténtica festa do deporte que pondrá fin a 2014, e que contará na Praza do Obradoiro con disc-jockey de “Los 40 Principales”, máis de 1.000 participantes e moitas sorpresas máis.
¡¡¡Xa non queda nada para que remate o 2014, un ano magnífico para o Clube Atletismo MillaRaio!!!