Debido a poblemas na xestión dos décimos de Abanca, entidade na que se encontran depositados os décimos de lotería do clube, non e posible de momento cobrar o premio da lotería.
Tras unha reunión esta mañán co director da oficina de Abanca conseguimos que non se cobrase a comisión do 0,40% do premio que pretendían, e o compromiso de axilizar a proceso para poder cobrar canto antes. Esperamos que entre o venres e o luns poidamos ter solucionado o problema.
Sentimos os problemas e molestias que esta situación provoca, situación totalmente allea a MillaRaio, un saudo.