FIN DE SEMANA HISTORICO PARA O PROXECTO DO ATLETISMO MILLARAIO

Cando hai 4 anos, cando tiña apenas 15 atletas nas sua filas, o Millaraio fixo un proxecto deportivo de longo prazo que tiña como obxectivo que dentro de uns anos o Clube puidera ter atletas en categorías cadete e xuvenil con mínimas galegas e así figurar no panorama atlético da comunidade como unha referencia mais na formación de atletas. Daquela, aínda non adestrabamos nas pistas…

 Sin título-1

O pasado fin de semana, 7 atletas cadetes do Clube estaban inscritos no campionato galego e outros 10 atletas do Clube Atletismo Santiago (CAS), que ten a maioría dos seus atletas formados no Millaraio e comparten adestramentos, tiñan mínima para participar nos campionatos galegos. Antón Lopez un ano mais subiu ao podio en Lonxitude sendo 3º, acompañado por Nacho Rivas 2º na mesma proba e por Fernando Vales que foi 2º en 800m.

A clasificación de tantos atletas (aínda que algúns non puideron tomar parte por diversos motivos) e os bos resultados, déixanos moi orgullosos e con moitas ganas de ir a polo próximo obxectivo que é, a medio prazo, ter representantes na esfera nacional do atletismo, aínda que o mais importante xa está a ocorrer: Dar unha boa estructura deportiva un grupo de atletas que teñen no atletismo súa principal práctica deportiva e que traballan nos adestramentos para alcanzar seus obxectivos deportivos e lograr mellorar a través do seu esforzo.

Os nosos Cadetes fixeron una boa competición quedando moi cerca dos postos de finalista (8º de Galicia) con Maria Hernando (50m e 50mv), Chelo Quintáns (50m e 300m) e Pablo Nogueira (Peso) e Hugo Rodriguez (3000m). Nicolás Rodríguez foi 7º en Lonxitud e 50m lisos (a poucas centésimas da final) pero descontóu a súa vontade de vitoria nos 50m valados ao gañar a primeira medalla de ouro do Clube nun galego cadete de pista cuberta con 9”00, MMP.

nicolas

 Agora a pensar na pista ao aire libre (co permiso do provincial de campo a través, o vindeiro sábado) onde terán que buscar as mínimas de participación para os campionatos individuais, ao tempo que tentaremos facer equipos para os campionatos galegos por Clubes. Para dar mellores opcións aos que queiran adestrar mais, a directiva do Clube e Dirección deportiva acordou abrir a opción de incorporación ao grupo de Tecnificación a todos os cadetes (os do anos 2000 incluídos) que o queiran! Debedes falar co director depotivo João nos adestramentos.

Os mais pequenos (Benxamíns, Alevíns, Infantís) teñen o seu campionato galego en Pista Cuberta os 01/03 e estamos tentando que teñan algunha competición na semana anterior para que poidan facer marca e practicar. No seu caso non hai mínimas e a participación e aceptada por ranking.