ANDREA GONZALEZ SELECCIONADA PARA A CONCENTRACION DE SALTOS E VALADOS DA FEDERACION GALEGA

A nosa atleta Andrea González foi seleccionada para a concentración de saltos e valados da Federación Galega de Atletismo que se realizará este fin de semana en Lugo. Andrea fará a concentración no sector de valados, e durante todo o fín de semana compartirá adestramentos cos mellores especialistas galegos da especialidade, rematando cunha competición o domingo.

andrea

Un novo paso adiante de Andrea, noraboa.