O pasado xoves 18 celebrouse no Centro Cultural Ágora, A Coruña, a gala de entrega de premios do circuito Corre Coruña Corre en pista, que premia ós mellores atletas de tódalas competicións celebradas na Coruña na tempada pasada.
A esta gala asistiron varios atletas Santiagueses, entre os que se encontraban 2 atletas do Clube Atletismo Santiago e 3 do Millaraio. A xornada rematou con 5 primeiros postos, 3 en saltos, conseguidos por Nicolás Rodríguez, Nacho Rivas e Andrea González. Outros dous en lanzamentos logrados por Andrea González e Pablo Nogueira, e un tercer posto en lanzamentos de Juan Mouriz.
Esta gala foi o colofón a unha gran tempada que se realizou dende os clubes, gracias a axuda dos atletas, técnicos e directivas.
Publicado por Pablo Nogueira.