NOVA TEMPADA 2014/15

O vindeiro sábado 13 de setembro dará comezo unha nova tempada de atletismo para o Clube Atletismo Millaraio no pavillón do Milladoiro.

Comezaremos os adestramentos que servirán como reencontro para todol@s que formavades parte de Millaraio, e como presentación e primeira toma de contacto dos compañeiros e co atletismo para as novas incorporacions.

Os horarios serán os seguintes:

11:00 a 12:30 para os nados no 2000, 2001 e 2002.

12:00 a 13:30 para os nados no 2003 e 2004.

12:30 a 13:30 para os nados no 2005, 2006, 2007 e 2008.

CLUBE ATLETISMO MILLARAIO