O III Circuito de Carreiras Saudables de Santiago 2014 poñía fin coa celebración da última proba puntuable: a CorreSan Cidade da Cultura. Un gran número de atletas do Clube Atletismo MillaRaio non se quiso perder a cita desta nova proba, e despediu o circuito santiagués cunha brillante actuación.A carreira para Escolares 1, na que competían Benxamíns e Alevíns, abría a proba. E que mellor maneira de facelo que con victorias absolutas na carreira, e na categoría alevín, para os irmáns Dani e Deki Mato. Destacaban tamén as actuacións de Ephrem Canal, terceiro alevín, e Pablo Díaz, cuarto na mesma categoría, con predominio na parte dianteira da proba das camisetas brancas do noso clube.Xa na segunda carreira, correspondente ás categorías Infantil e Cadete, destacaba un enorme Diego Alonso, segundo da proba e gañador da categoría Infantil. En infantiles homes, David Álvarez Celemin acadaba a cuarta posición. Na mesma categoría feminina, Laura Cuesta quedaba terceira e Andrea Botella, quinta. Mesma posición en cadetes mulleres para unha atleta que se estreaba en competición, Alicia Iglesias.
E non podemos esquecer, xa na carreira absoluta no percorrido de 5.300 metros, a participación do grupo de nais do MillaRaio, que siguen pasiño a pasiño facendo piña e progresando atléticamente. ¡Bravo por elas!Noraboa a todos os atletas que participastes neste Circuito CorreSan 2014.
Finalmente, a Gala de premiación quedou aprazada, posiblemente para a primeira semana de Novembro. Vos informaremos en canto confirmen a data.