O pasado sábado disputouse en Santiago, concretamente en Salgueiriños, o Campionato Provincial de campo a través e o III Cross de Compostela. O clube presentaba participación para ámbalas duas citas.
No que se refire ó Campionato provincial, Millaraio levaba unha gran representación de 5 equipos e dous atletas máis clasificados de forma individual, para un total de 32 atletas.
Na competición por equipos logramos o primeiro posto na categoría alevín masculina, proclamándonos campións provinciais así como o terceiro posto no infantil masculino, asegurando de esta forma a presencia de Millaraio no galego de campo a través co equipo alevín.
No apartado individual logrouse un campionato provincial na figura de Degnesh María Mato, dous subcampionatos provinciais logrados por Dani Mato e Diego Alonso, e unha terceira posición no podio de Pablo Díaz. Ademáis das medallas hay que destacar a clasificación de forma individual de catro atletas, Degnesh, Diego, David Álvarez e Laura Cuesta.
Por outra banda, este mesmo día disputouse tamén o III Cross Compostela onde Veteranas de Millaraio facían o seu debut como equipo, e logrando subir tres delas ó podio na categoría veterana B.
En resumo unha grandísima actuación de tódalas categorías do club, noraboa a tod@s.
Tedes as fotos da competición na conta de Facebook de Millaraio, no álbum provincial campo a través, e tódolos resultados na seguinte enlace:
http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/rprovincialescolars2014.pdf