Este fin de semana o clube tivo participación en dous importantes eventos, o Campionato Galego de Probas Combinadas en categoria cadete, e o Campionato Provincial de Xogade en categoría benxamín, alevín e infantil.
No Campionato Galego de Combinadas disputado en pontevedra as nosas tres repreentantes, Andrea González, María Hernando e Chelo Quintáns firmaron unha gran actuación destacando o título de Campiona Galega de Combinadas, e por primeira vez na historia do clube a mínima nacional na xabalina que permitirá representar a Millaraio no Campionato de España.Por outra banda nas instalacións da Pobra do Caramiñal celebrouse o Campionato Provincial de atletismo em pista de Xogade, onde acudimos cunha amplísima representación de atletas acadando uns grandímos resultados que colocan ó Clube Atletismo Millaraio coma un dos principais clubes de atletismo da provincia en categorías escolares.
O máis importante, coma sempre, o fenomenal ambiente entre @s rapaces, e a mellora de marcas persoais da gran maioría deles. O resultado final foi de 20 medallas repartidas do seguinte modo:
Medallas de ouro:
Carlos Dios, 80 ml.
Carlos Dios, 80 mv.
Dani Mato, 2000 ml
Diego Alonso, 1000 obstáculos.
Antón Gómez, lonxitude.
Deki Mato, 1000 ml.
Andrea Botella, tetrathlon
Medallas de prata:
Pablo Díaz, 1000 ml.
Nicolás Iglesias, 3 km marcha.
Ángel Álvarez, 2000 ml.
Pablo Fernández, peso.
Dani Mato, pelota.
Mateo García, tetrathlon.
Luis García, triathlon
Medallas de bronce:
Carlos Dios, 150 ml.
Torcuato Labella, 3 km marcha.
Ephrem Canal, 2000 ml.
Diego Alonso, 220 mv.
Pablo Díaz, lonxitude.
Xiana Figueras, triathlon