Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Rodríguez Cadarso, ao lado das pistas da USC as 15:00 horas do sábado 14 de Xuño. Ese mesmo día, como sabedes, temos o campeonato galego por equipos benxamín, alevín e infantil nas pistas da USC.
O menú adulto custa 12 euros e o infantil 10 euros. O primeiro esta composto de entrantes, ternera estofada con patatas ou merluza en salsa verde, postre e café. De bebida teremos viño da casa, auga, refrescos ou cervexa.
O menu infantil son 10 euros e consta de pizza e croquetas de entrantes, milanesa de polo con patatas e xeado a escoller de postre (si algún neno/a non quere xeado pode escoller outro postre).
Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.
Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:
https://docs.google.com/forms/d/1XaLI3y-S2XmCdOF_3EfghcdG0nfJZ31F3FLZ5uMQn4g/viewform?usp=send_form
O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:
NovaGalicia Banco 2080-0372-82-3040011333 // IBAN: ES4620800372823040011333
O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 9 de Xuño.
Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!
Animadevos a asistir!! Teremos algún regaliño