Este sábado disputarase nas pistas de atletismo da USC en Santiago o segundo Trofeo Millaraio de atletismo en pista.
Nesta ocasión vamos a potenciar unha proba coma os relevos cortos que non se disputa habitualmente nas competicións de pista para escolares.
Haberá relevos dende a categoría benxamín ata o relevo de pais e nais.
As categorías prebenxamín e de nais e pais terán que facer a sua inscripción a través do mail do clube: millaraio@gmail.com
O resto de categorías inscribiranse a través da intranet da federación española. Aqui tendes os horarios das probas: