LIGA ESCOLAR FEDERADA E CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

A pouco de comenzar a nova tempada Atlética xa temos un importante compromiso para o vindeiro sábado, por ocasión da primeira etapa da II Liga escolar federada que se disputará en xornada matinal de 11 a 14:05 nas pistas de Atletismo de Balaídos en Vigo

O noso obxectivo principal é dar unha vivencia competitiva en equipo nun deporte invidual, xa que son poucas as posibilidades de facelo, ademais de que é unha boa forma de que poidan probar probas diferentes e de cada un aportar a sua contribución para o resultado final do equipo.

O Clube Atletismo Millaraio será o único equipo da Zona de Santiago e alrededores que Participará na competición, mendidose con os grandes equipos de Galicia como a gimnastica de pontevedra ou o ria de ferrol. O esforzo en participar deixa clara a filosofia de traballo do clube que busca fomentar o equipo e a diversidade de actividades e experiencias atleticas!

Un dia despois o Concello de Negreira organiza a sua cita anual co pedestrianismo en ruta, sendo a ultima das carreiras puntables para o circuito da Diputacion da Coruña.

Ainda que non fora noso obxectivo, partimos como favoritos ao primeiro posto de categoriss escolares xa que imos primeiros tanto en homes como en mulleres. No ambito individual temos varias posibilidades de conseguir triunfos, demostrando unha vez mais que o clube Millaraio eh unha referencia na base atlética da provincia e da comunidade.

Aquí tedes o enlace para consultar os resultados:

http://www.atletismogalego.com/fga/p3.asp?id=1895

Animo a todos!